Fandom

VSTF Wiki

Policies/gl

< Policies

48pages on
this wiki
Add New Page
Talk0 Share

Guías e políticas

Os membros do Spam Task Force manteñen un rol de “mantemento” en Wikia. Isto significa que estes axudantes non teñen ningunha intervención en contidos das wikis locais, políticas ou discusións. Eles deben de respectar as guías e políticas das wikis locais incluso se eles son diferentes dunha wiki típica, as súas crenzas ou costumes.

Debido á natureza do programa, todos os voluntarios que son convidados a unirse deben ter polo menos 18 anos de idade. Os voluntarios non deben ter historiais importantes de bloqueos tanto localmente como globalmente en Wikia. Este criterio é discutido e decidido pola integración do equipo e polo Staff.

Cada membro axuda por un período de tres meses. Ao termo dese tempo, se o Equipo Comunitario de Wikia e o voluntario están de acordo, eles poderían continuar por outro período de tres meses.

Cando tomar acción nunha wiki

Os membros do Spam Task Force deberían de axudar unha wiki unicamente se hai:

  • …vandalismo global evidente que necesita ser limpado;
  • …un problema con vándalos e non hai administradores locais dispoñibles, ou activos, para bloquealos;
  • …spam evidente, especialmente se hai un bot global coñecido vandalizando;
  • …unha solicitude do equipo comunitario para axudar con tarefas de mantemento;
  • …unha mensaxe da interfaz roto ou problemático (como un javascript, folla de estilo, ou mensaxes da interfaz causando que unha wiki sexa inutilizable).

Como unha regra xeral, os voluntarios deberían de evitar as wikis moi activas debido a que os seus servizos non son normalmente requiridos (a pesar de que as ferramentas globais poden xerar cambios automáticos en todas as wikis)

Guías xerais

  • En primeiro lugar, sempre tes que ser educado e cortés cos teus compañeiros editores, mesmo se eles responden negativamente.
  • Lembra sempre usar resumos de edición claros e sen xerga, de tal forma que as comunidades locais saiban o que estás a facer.
  • Por favor, reescribe “o contido era:” cun auto edición co teu propio resumo cando borres unha páxina de “spam” ou unha de “vandalismo”. Isto é mellor para que non se mostre o contido abusivo en cambios recentes e nos rexistros.
  • Ademais, reverte manualmente as edicións (o contrario de usar rollback) realizadas polos usuarios de forma abusiva para que os nomes de usuario non aparezan nos resumos de edición automática e nos rexistros.
  • Se un administrador local reverte a túa edición, non o revertas novamente — en lugar diso, buscar a opinión dun staff. Lembra, non entres en disputas ou conflitos coas comunidades locais.
  • O máis importante de todo — Comunicación! Aínda cando se realiza todos os días, algunhas veces pódese pasar por alto en certas situacións. En caso de dúbida acerca de se unha acción será benvida, ou se alguén obxecta o teu traballo, o conveniente é usar as discusións de usuario, o Portal da Comunidade, os Foros, ou a discusión da páxina principal para discutir o problema dunha maneira amigable e educada. Lembra que es membro dunha representación en toda Wikia — algúns usuarios non estarán familiarizados coas demais comunidades, por iso as túas interaccións co voluntario serían as túas primeiras cun membro de Wikia, facer disto pracenteiro, ou polo menos cortés. Novamente, se a comunicación falla por algunha razón, simplemente tes que deterte; tomar un respiro, preguntar a outro usuario experimentado, ou simplemente asesorar aos administradores que entendan a posición e que o voluntario estará dispoñible no futuro por se xorde algunha nova necesidade.
  • Finalmente, lembra que as tarefas locais dos administradores son atendidas polos mesmos. A menos que a wiki estea inactiva, non haxa administradores actualmente activos ou se preguntou por axuda, deixa aos administradores facer o seu traballo — isto axuda ás comunidades para que vexan que o Spam Task Force como un “equipo activo” en oposición de “ser o dono”. Isto é especialmente certo nas wikis grandes cun grupo de administradores establecidos.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.